Oministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, anunciou que o Goberno solicitou esta noite á Unión Europea dous avións Canadair para reforzar a extinción de incendios. Cada aeronave ten unha capacidade de 5.500 litros e integrarase no dispositivo nas comunidades onde sexa máis prioritaria a súa intervención.
Grande-Marlaska explicou que a solicitude responde á previsión meteorolóxica e non a unha necesidade urxente actual.
O Ministerio activou previamente unha folla informativa de emerxencia no Mecanismo Europeo de Protección Civil para facilitar o acceso rápido a medios adicionais .
“Adiantámonos para dispoñer deles canto antes se fosen precisos”, indicou.
O titular de Interior sinalou que existe unha comunicación reforzada entre Protección Civil e as comunidades autónomas para ava