Ourense segue sendo a provincia máis afectada polos incendios forestais que avanzan sen control por numerosos concellos. As autoridades decretaron o nivel 2 de alerta por risco para as poboacións. A Garda civil fixo un chamamento a evitar os desprazamentos en coche a menos que fosen imprescindibles e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou o ES-Alert enviando mensaxes de móbil aos veciños dos numerosos concellos afectados polo lume.
Ás oito e media da tarde deste venres os datos eran estes:
Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de Conso-Mormentelos únense e chegan a 16.000 ha
O venres día 8 ás 12.51 horas iniciouse un incendio no concello de Chandrexa, parroquia de Requeixo. O martes día 12 empezou outro na parroquia de Parafita, neste mesmo municipio. Onte, x