Olugar da Caridade , en Monterrei , é este xoves a zona cero dos incendios na provincia de Ourense. Máis de vinte casas quedaron reducidas a cinzas, máis da metade da aldea . Amais diso, animais mortos, coches queimados e unha longa lista de estragos. Houbo quen o perdeu todo .

Na Granxa, en Oímbra , os equipos de extinción seguen traballando. Viviron momentos de tensión . O lume rodeounos por momentos. Loitaron contra as lapas para salvar casas e granxas.

É o rastro doutra noite que deixa unha batalla contra os incendios que se prolonga sen descanso, un día máis, e que deixou ducias de persoas evacuadas e aldeas confinadas. Puideron os desprazados e saír os que permanecían pechados, en moitos casos para poder ver todo o que o lume levou por diante.

Non obstante, os desaloxo

See Full Page