Este domingo amenceu con 13 incendios activos en Galicia, segundo os datos facilitados pola consellería de Medio Rural ás 08:30 horas. Ata o momento xa son máis de 48.000 as hectáreas calcinadas, delas máis de 46.000 hectáreas son na provincia de Ourense.
A provincia de Ourense, que é a que está levando a pior parte dos lumes deste verán, esta toda en nivel 2 de emerxencia. Segundo explica a nota de Xunta, o feito de que toda a provincia estea en nivel dous implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia. Amplíase tamén o horario laboral do persoal e axilízanse os trámites coas diferentes administracións, especialmente coa Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Confinamentos evacuacións e desaloxos
A Conselleria de M