Claudio lamentou a derrota do Celta nun partido que era "de 0-0" para o adestrador porriñés. "Tiramos o partido, foi démerito noso" confesou Giráldez que asegurou: "Vainos ben esta cura de humildade". O Celta levou a iniciativa do partido, no primeiro tempo estivo correcto en defensa pero no segundo concedeu o gol de Liso. Despois do segundo tanto, que chegou despois dos mellores minutos no partido do cadro vigués, Claudio considera que "cada xogador fixo a guerra pola súa conta, esta desorde non se pode repetir".

Bordalás amosábase indignado polas normas da Liga que impediron a inscrición de boa parte das fichaxes para esta temporada: "Non podemos afrontar un partido deste xeito", asegurou un adestrador que estaba moi contento polo triunfo porque "o Celta ten un potencial ofensivo tremen

See Full Page