Un dos incendios máis preocupantes é o de Jarilla, en Cáceres , que avanza sen control en dirección a Salamanca. O lume xa queimou dez mil hectáreas e obrigou a desaloxar ou confinar miles de persoas.
En Castela e León o lume afecta especialmente ás provincias de León, Zamora e Salamanca . Un dos incendios desta comunidade arrasou xa trinta e unha mil hectáreas.
Tamén hai incendios perigosos en Asturias, onde esta tarde tiveron que desaloxar dez localidades próximas aos Picos de Europa .