Carballeda de Valdeorras-Casaio (anteriormente A Veiga-A Ponte) chega a 2.000 hectáreas
Desde as 18.42 horas de luns está activo un incendio no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio (anteriormente denominado A Veiga-A Ponte), que segundo as últimas estimacións provisionais afecta 2.000 hectáreas e que entrou en Galicia dende Castela e León.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 axentes, 11 brigadas, 1 pa, 1 técnico, 1 avión e 5 helicópteros.
Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de Conso-Mormentelos queimou 19.000 hectáreas
Os incendios no concello de Chandrexa de Queixa comezaron o venres 8, na parroquia de Requeixo, e o martes 12 na de Parafita. O xoves 14, reactivouse o incendio do concello de Vilariño de Conso, parroqu