Oincendio de Larouco (Ourense) superou o de Chandrexa de Queixa como o máis grande da historia de Galicia desde que hai rexistros.
Segundo o último balance da Consellería do Medio Rural, vai polas 18.000 hectáreas no propio concello de Larouco e nos de Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 32 técnicos, 104 axentes, 137 brigadas, 104 motobombas, 10 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 11 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Permanece declarada a situación 2 de emerxencia en toda a provincia de Ourense.
Chandrexa de Queixa e Vilariño chegan ás 17.500 hectáreas afectadas
Os incendio