A canoa galega é garantía de medallas. O C4 500, formado por tres galegos, acabou no segundo posto na final dos Mundiais de Piragüismo que se están a celebrar en Milán. Martín Jácome, Manuel Fontán e Adrián Sieiro, coa compañía de Daniel Grijalba, rozaron o ouro cun tempo de 1:31.15. Chegaron a só 77 centésimas do cuarteto de Hungría.
A metade de percorrido estaban no quinto posto, a máis dun segundo dos líderes, un equipo húngaro que acabou sufrindo para aguantar os últimos 250 metros do equipo español. Si conseguiron superar aos botes ruso e bielorruso, que compiten como países neutrais.