Ás 11:25 horas de hoxe sábado quedou estabilizado o incendio forestal de Larouco-Seadur, que afecta arredor de 30.000 hectáreas nas provincias de Ourense e de Lugo. Este foi ao longo da semana un dos grandes incendios que arrasaron co 10 por cento da provincia de Ourense. De feito, segue activo en toda a provincia o nivel 2 de emerxencia.

Tendo en conta a superficie queimada, o incendio de Larouco foi ata o de agora o incendio máis grande da serie histórica de Galicia.

Segundo o parte facilitado pola Consellería de Medio Rural ás 13:30 horas deste sábado, a situación dos incendios en Galicia é a seguinte:

Estabilizado o de Larouco-Seadur

Ás 11:25 horas de hoxe sábado deuse por estabilizado o incendio iniciado o mércores 13 ás 18:55 horas no concello ourensán de Larouco, parroquia de Se

See Full Page