Son as lapas que esta tarde entraban na localidade asturiana de Caunedo, no parque natural de Somiedo, afectado por un dos tres incendios de nivel dous que sofre esta fin de semana o Principado.
Os montes están sen limpar, o lume está case enriba das casas, e temos un problema moi gordo, di un veciño da zona.
Bombeiros de Asturias, Andorra e Navarra, xunto con militares da UME loitan contra o lume, nunha contorna xeográfica tan preciosa coma difícil para a extinción de incendios. En Asturias hai tamén outros dous lumes en nivel 2, en Degaña e Genestoso.
Especialistas e autoridades confían nun cambio do tempo.
Agardamos que baixe a temperatura, van ser días con temperaturas un pouco máis altas; agardamos que baixen as temperaturas, e que tamén nos axude o vento e a chuvia, di o presiden