Na provincia de Lugo hai dous activos, un na Fonsagrada, que non ten risco para vivendas, e o da Pobra do Brollón, que continúa en nivel 2 e xa cruzou o río Sil.
Era o gran temor que nos manifestaban desde o posto de mando e sucedeu esta mesma tarde.
Nin os equipos de extinción nin os veciños, que traballaron sen descanso na parroquia de Vilachá de Salvadur, puideron evitar que as lapas saltaran á outra marxe do río e avancen polo concello de Ribas de Sil, onde intentan frealas por todos os medios.
Todos falan da voracidade deste incendio, que se orixinou onte pola tarde e que leva calcinadas xa máis de 800 hectáreas. No seu avance puxo en perigo ata sete núcleos de poboación, polo que se mantén activo o nivel 2 de emerxencias.
Por orde da Xunta, a deputación de Lugo suspendeu de manei