Nos últimos anos, o galego comezou a abrirse camiño con forza nas redes sociais. Aínda que o número de galegofalantes habituais caeu case á metade desde 2003 —do 43,20% ao 24,37% en 2023—, o escenario dixital ofrece un contrapeso inesperado. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), en só unha década triplicouse a porcentaxe de persoas que empregan máis galego ca castelán en internet, pasando do 1,74% ao 6,01%, mentres que os que se expresan sempre en castelán descenderon do 73% ao 57%. O cambio é discreto en cifras absolutas, pero marca unha tendencia clara: cada vez máis xente aposta polo galego como lingua de comunicación en liña. Plataformas como TikTok, Instagram ou YouTube convertéronse no escaparate máis visible desta transformación, impulsada por unha nova xeración de influe
O galego medra nas redes sociais

71