MIGUEL VILLAR

05 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

As hortensias levan murchas un tempo, avisando de que o verán vai chegando á súa fin. O tráfico na cidade volve ao seu ritmo habitual: non hai sitio onde aparcar, non hai paciencia... Volve a présa con setembro, e con ela a sensación de que o verán é xa un tempo pasado. De súpeto chega algo de frío, e tamén algo de choiva. Bendita choiva. E de súpeto comeza esoutra etapa do ano na que todo son comezos: o curso, o traballo, a normalidade.

Setembro é un mes complexo. É un mes a medias. A medio camiño entre o verán e o outono, entre o que foi e o que será. E cada setembro teño a impresión de que todo pasou correndo. Se hai nada celebramos o San Xoán! Se hai nada que cheguei aquí! As estacións non perdoan, pasan tan rápido que non nos

See Full Page