Un mozo de 22 anos está a ser investigado pola morte violenta da súa nai, de 61, no seu domicilio de Vilagarcía de Arousa. O suposto agresor permanece en estado grave tras precipitarse dende o balcón da vivenda.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada , declarou á prensa que todo apunta a un "matricidio". O presunto responsable atópase ingresado no hospital do Salnés e custodiado pola Policía Nacional, que investiga o sucedido.

Segundo detallou, o corpo sen vida da muller foi localizado sobre as seis e media da tarde do venres na súa casa da rúa Duque de Rivas. Estaba boca abaixo e cuberta de sangue. Polo momento, e con toda a "prudencia", descarta a participación de terceiras persoas.

O fillo presenta lesións "moi graves" e o seu estado é crítico. As pescudas

See Full Page