O Goberno de Benjamin Netanyahu respondeu de forma inmediata ao paquete de medidas para frear o xenocidio en Gaza anunciado polo presidente do Goberno Pedro Sánchez denunciando que é un intento por distraer a atención dos escándalos de corrupción e anunciando sancións contra a vicepresidenta terceira Yolanda Díaz e contra a ministra de Mocidade Sira Rego, as dúas de Sumar.
O encargado de dar a resposta foi o ministro de Asuntos Exteriores, Gideon Saar, mediante unha longa mensaxe publicada en redes sociais na que acusa o Goberno español de liderar unha liña hostil contra Israel cunha retórica desenfreada e chea de odio.
As medidas anunciadas, entre as que figura o embargo na compra e venda de armas a Israel, segundo o ministro israelí: "Non son máis ca un intento evidente do corrupt