Tanto o BNG como o PSdeG reclamaron este martes a dimisión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda , pola súa xestión na pasada vaga de incendios do mes de agosto . Os voceiros das dúas formacións da oposición, Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro , sinalaron a "incompetencia" de Rueda.
Tras a intervención no Parlamento de Galicia do presidente da Xunta , Pontón , instou instouno a presentar a súa dimisión pola súa "neglixencia". "Quen é responsable do problema non pode ser parte da solución. Dimita, señor Rueda" , díxolle.
A líder nacionalista defendeu que "é falso que estes incendios fosen unha fatalidade inevitable" e achacou a gravidade dos mesmos á "neglixencia" dun Executivo autonómico ao que acusou de ignorar "avisos moi claros", como os das vagas de incendios de