Momento dun ensaio de «A serie clopen» XOAN A. SOLER
A compañía pública estrea este xoves «A serie clopen» en Santiago 09 sep 2025 . Actualizado a las 17:40 h.
Dous ingredientes básicos: circo e matemáticas . Esa é a base do novo espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), A serie clopen , que se estrea este xoves no Salón Teatro de Santiago. Trátase dunha fórmula totalmente inédita xa que é a primeira vez na que a compañía pública aposta polas artes circenses como fío condutor das súas montaxes. «É un espectáculo que busca ser novidoso. Primeiro porque o circo é protagonista, pero tamén porque trata de devolver as matemáticas e as ciencias ao plano da arte», destaca Pablo Reboleiro , director da proposta e responsable da dramaturxia xunto a Clara Gayo . Iso si, deix