Oincendio comezou ás 16:15 horas na parroquia d e San Xusto de Cabarcos, no concello de Barreiros, segundo informa a consellería do Medio Rural. O fume obrigou a cortar a A-8 ao seu paso polas Eiras. Polo momento, leva calcinadas máis de 20 hectáreas.

Ata o lugar mobilizáronse dous técnicos, catro axentes, nove brigadas, nove motobombas, tres pas, seis helicópteros e tres avións. Ademais, no punto atópanse os efectivos da BRIF con base en Asturias.

Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico, permanece pechada a A-8 desde o quilómetro 524 nas Eiras ata o 534 na Pena, en sentido crecente en dirección Baamonde.

Pola súa banda, o concello de Barreiros, a través de redes sociais, pediu precaución á veciñanza e acatar as ordes dos efectivos que traballan no operativo.

See Full Page