A organización da Volta ciclista a España deu por cancelada a última etapa polas protestas propalestinas durante o percorrido previsto polo centro de Madrid.
Os manifestantes invadiron varias zonas do percorrido da etapa final da Volta Ciclista a España, protagonizando así os primeiros incidentes.
Policías antidisturbios de Madrid tiveron que realizar cargas policiais #ante o lanzamento dos valos de contención e de botellas na meta da etapa final da Volta Ciclista a España na capital. Concretamente, na zona do Paseo do Prado, desde Atocha, aumentou a tensión mentres o pelotón da Volta tentaba entrar na cidade. A Policía tivo que cargar contra eles.
Os ciclistas tiveron que parar á entrada de Madrid polas protestas propalestinas na última etapa da Volta ciclista a España.
Despois duns m