O Consello da Xunta aprobou este luns iniciar os trámites para aprobar a futura Lei galega de acoso e violencia dixital .
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda , destacou que Galicia será a "primeira comunidade de España en contar cunha normativa específica" para previr a violencia dixital e apoiar as vítimas .
"A Xunta entende que debe contar cunha normativa que protexa ás principais vítimas da violencia dixital: mulleres, menores, membros do colectivo LGTBI", destacaba Rueda, quen sinalaba que este tipo de acoso "é unha das formas que adopta a violencia machista e moi vencellada á violencia sexual".
Entre as medidas previstas figura un mecanismo para borrar a pegada dixital -previa sentenza xudicial-, a creación dun espazo virtual de asesoramento para as vítimas ou progr