Ogalego Adrián Ben logrou este luns o pase á final dos 1.500 metros dos Mundiais de atletismo de Tokio ao finalizar terceiro a súa serie cun tempo de 3:36.78. Ben, no seu cuarto Mundial pero no primeiro correndo 1.500 -antes 800-, chegou ás semifinais tras cumprir con solvencia na rolda previa e a enteireza que demostrou nesa carreira volveu referendar un día despois sobre a pista do Estadio Olímpico de Tokio.
O atleta de Viveiro, adestrado por Arturo Martín, fixo unha carreira moi intelixente. Foi as primeiras voltas na zona de atrás e ao paso pola última volta tratou de saír por fóra para ir gañando metros e superando rivais ata o punto de chegar á última recta con todas as opcións de acabar entre os seis primeiros que irían á final.
Sen o noruegués Jakob Ingebrigtsen, que non pas