O Consello de Administración de RTVE acordou este martes a r etirada da delegación española no festival de Eurovisión 2026 se Israel participa .
España convértese así no quinto país en anunciar a súa retirada se participa Israel, tras Irlanda, Eslovenia, Islandia e Países Baixos , e no primeiro do coñecido como Big Five , os cinco países que máis achegan economicamente á Unión Europea de Radiodifusión (UER): Alemaña, España, Francia, Italia e Reino Unido.
Así o deu a coñecer RTVE tras a celebración dunha reunión este martes na que o presidente da corporación, José Pablo López , elevou dita proposta ao Pleno do órgano de goberno da Corporación pública. O Consello componse de 15 membros: cinco elixidos polo PSOE, catro polo PP, dous por Sumar e os restantes por Junts, ERC, PNV