Ofiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, investigará os crimes cometidos na Franxa de Gaza no marco da operación militar lanzada por Israel hai case dous anos.
Apunta xa a xenocidio e outros delitos de lesa humanidade, e ordena crear un equipo de traballo integrado pola fiscal de Dereitos Humanos e Memoria Democrática, Dolores Delgado , e polo xefe da Fiscalía na Audiencia Nacional, Jesús Alonso.
García Ortiz dá este paso despois de que Delgado solicitara autorización o pasado 28 de xullo para levar a cabo estas pescudas en calidade de "coinvestigadora" xunto a Alonso.
Fíxoo tras recibir "un informe da Comisaría Xeral de Información da Policía Nacional relativo ás accións do exército israelí contra a poboación civil na Franxa de Gaza que poderían ser contrarias ao dereito Inter