Os chiringuitos de praia poderán abrir en Galicia desde Semana Santa ata outubro. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda explicou que a medida busca darlle estabilidade os emprendedores para que melloren os seus negocios.
O presidente reuniu os representantes dos concellos costeiros galegos para consensuar os proxectos agora que a Xunta ten as competencias no litoral. E pediulles colaboración para poñer en valor os inmobles abandonados.
Alfonso Rueda e a conselleira Ángeles Vázquez, no cumio cos alcaldes de concellos costeiros galegos