A policía detivo unha muller de 64 anos acusada de matar por estrangulamento cun cable de aspiradora a outra amiga de 66 anos mentres pasaban uns días nun apartamento de Benidorm.
Segundo fontes da investigación, o crime produciuse na noite do mércores nun apartamento do barrio do Rincón de Loix, unha zona moi frecuentada por turistas británicos.
A alerta chegou a través do 112, despois de que unha terceira visitante do Reino Unido chamase para informar de que unha amiga británica lle confesara que matara outra estrangulándoa.
A Policía Local foi a primeira en intervir, pero o caso pasou a mans do Corpo Nacional de Policía, que mantén a investigación aberta para esclarecer os detalles do sucedido.