Aena , a sociedade xestora dos aeroportos españois, acometerá a renovación dos aeroportos galegos no período 2027-2031 , dentro dun plan conxunto de toda a rede estatal que este xoves presentou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez , en Alacant.
O global do plan suporá un investimento próximo aos 13.000 millóns de euros , explicou Sánchez (12.880 millóns), quen dixo que era "o maior investimento das últimas décadas" na rede aeroportuaria nacional.
Rosalía de Castro-A Lavacolla
No caso do aeródromo compostelán, Aena prevé actuacións de mellora de procesos e calidade na área da terminal.
Destaca entre as actuacións a adecuación o sistema de protección contra incendios ou a reforma de vías e urbanización. Realizarase unha mellora da seguridade, co valado perimetral e a renovación