Oexnúmero tres do PSOE Santos Cerdán vai continuar en prisión provisional. O xuíz do Supremo que leva o caso rexeita poñelo en liberdade por considerar que persiste o risco de destrución de probas.
Os que foron os seus compañeiros de partido pronunciáronse este venres. O ministro Félix Bolaños pediu deixar "traballar á xustiza, que investiguen, que acrediten e que esclarezan os feitos" ao tempo que amousou o seu "respecto" a esa instrución.
O xuíz ten na mesa o informe da Garda Civil que avala os audios que gravou Koldo García. Os seus peritos non atoparon indicios de que fosen manipulados.
Santos Cerdán sempre cuestionou esas gravacións, e por iso os seus avogados van presentar o seu propio informe pericial.
Dende a oposición, o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo cre que