A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (Aemps) retirou do mercado as cremas Lemon, Proaegis e Dermasa, que se comercializan como cosméticos, pero conteñen principios activos con acción anestésica local que lles confire a condición de medicamentos e poden ocasionar danos para a saúde.
Nun comunicado, a Aemps, dependente do Ministerio de Sanidade, informa de que, segundo a análise do seu laboratorio oficial de control, estas cremas conteñen lidocaína, prilocaína e tetracaína, principios activos con acción anestésica local que poden provocar reaccións na zona de aplicación como eritema, edema ou prurito, e cando alcanzan concentracións suficientemente elevadas poden ocasionar metahemoglobina, un trastorno da hemoglobina que se acumula no sangue e non pode transportar osíxen