O Congreso rexeitou este mércores, debido á falta de acordo entre o PSOE e os seus socios, unha iniciativa parlamentaria que reclama ao Goberno a transferencia dos activos da Sareb a Galicia para crear unha bolsa pública que "facilite" o acceso á vivenda pública a xente nova e persoas con maiores dificultades.
Trátase dunha proposición non de lei do BNG en que se insta o Goberno a que transfira á Xunta os máis de 3.000 activos inmobiliarios, entre vivendas e solo, en mans da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, Sareb.
A iniciativa , que foi debatida este martes e votada este mércores no Congreso, foi apoiada por partidos como Sumar, Junts e Eh-Bildu, pero foi rexeitada polos socialistas , mentres que o PP abstívose por incluír o grupo de