Exolum iniciou os trámites de autorización para a construción dunha nova terminal de almacenamento de líquidos no Porto Exterior da Coruña, na dársena de Punta Lagosteira, que suporía un investimento de máis de 100 millóns de euros, segundo informou a compañía.
En concreto, este proxecto está concibido como unha terminal de transición enerxética deseñada para adaptarse progresivamente á evolución do mercado, a normativa e a demanda industrial, e preparada para operar tanto con produtos convencionais como con combustibles sostibles , como o amoníaco renovable, o CO2 capturado, o metanol verde, o SAF (Sustainable Aviation Fuel) e outros biocarburantes.
A planta, deseñada baixo estritos criterios de seguridade , eficiencia enerxética, automatización e sustentabilidade ambiental, distr