Un parque singular que merece unha película. Así considerárono dende a produtora audiovisual Marma, que este vernes ás 20.30 horas estrea Con Outra Ollada , un documental que ten coma protagonista ao parque de Rosalía Mera.
O director do filme, Matías Losada, explica de onde xurdiu a idea: «Foi na presentación do Parque dos Veciños , onde Sandra [Ortega, filla de Rosalía Mera] e a familia decidiron que era unha pena non contar a idiosincracia do parque , como estaba feito e por que se fixo así».
O parque de Rosalía Mera foi inaugurado en abril de 2024, na parcela de 20.000 metros cadrados de Santa Cruz que a súa filla donou ao Concello de Oleiros para este propósito. Alí onde se poderían ter feito 88 vivendas, no seu lugar creouse un espazo verde en sintonía coa biodiver