Xa esta madrugada, os rexistros anticipan que hoxe vai ser unha xornada complicada no leste peninsular. En Amposta, en Tarragona, caeron ás seis da mañá 170 litros por metro cadrado. Xa se superaron os cen litros tamén no Vall D'Uxó valenciano.

En varios municipios da Comunidade Valenciana e Tarragona están suspendidas as clases en escolas e universidades ante a previsión da AEMET. O paso da borrasca extratropical ex-Gabrielle, definida como potencialmente perigosa, impactará especialmente no sur e leste da península, con intensidade torrencial. Especialmente, no litoral norte de Valencia e Castelló.

Doce horas antes de decretarse a alerta vermella, Emerxencias da Generalitat valenciana xa enviaba onte ás tres e media da tarde unha mensaxe de aviso, un ES-Alert, aos móbiles de todos os c

See Full Page