Opresidente estadounidense, Donald Trump, asegurou este luns nunha comparecencia conxunta na Casa Branca que o primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu , aceptou o seu plan de 20 puntos para lograr a paz en Gaza, que contempla un Goberno de transición sen Hamas supervisado por unha xunta que presidiría o propio Trump .

"Quero agradecer ao primeiro ministro Netanyahu por aceptar o plan e por ter a confianza de que, se traballamos xuntos, poderemos poñer fin á morte e a destrución que presenciamos durante tantos anos, décadas e mesmo séculos, e así dar inicio a unha nova era de seguridade, paz e prosperidade para toda a rexión", dixo Trump á prensa tras un encontro co premier israelí.

"Se Hamas rexeita o acordo, o cal é posible, serán os únicos en opoñerse. Todos os demais o ace

See Full Page