Dende 2018 leva en marcha a "Estratexia Galicia Retorna " , un paraugas que abriga unha manchea de iniciativas que puxo en marcha a Secretaría Xeral de Emigración para favorecer a integración, a formación e o emprendemento de persoas que deciden facer o camiño de volta a Galicia, o seu lugar de orixe ou o que viu nacer aos seus pais ou avós.
Máis de 30.000 persoas procedentes de 60 países diferentes recibiron o apoio personalizado ao abeiro destes programas, segundo contou nunha entrevista en Cope Galicia Antonio Rodríguez Miranda, o secretario xeral de Emigración.
A primeira fase da Estratexia (2018–2022) superou o obxectivo inicial de 20.000 retornos, acadando 28.000 . A segunda fase, Galicia Retorna 2023–2026 , duplica recursos e medidas, con máis de 100 accións e un in