Odianteiro Borja Iglesias, co seu tanto ante o PAOK (3-1), encadea seis partidos facendo gol coa camiseta do Celta, algo que non sucedía desde hai 78 anos, cando o logrou Pahiño , segundo revelou a conta Afouteza e Corazón en X.
Aquela tempada, o atacante vigués, un dos mitos na historia do club celeste, terminou a Liga como máximo goleador con 21 tantos e fichou polo Real Madrid. Na actual tempada, Borja Iglesias estreouse como goleador o pasado 31 de agosto no partido contra o Vilarreal en Balaídos. A partir de aí, o Panda celebrou un tanto en cada partido. Xirona, Raio Vallecano, Stuttgart, Elxe e PAOK foron as súas vítimas. O seguinte rival do conxunto dirixido por Claudio Giráldez será o Atlético de Madrid