O Consello da Xunta aprobou na súa reunión semanal deste luns destinar 43,2 millóns de euros para a posta en marcha, cofinanciadas polo Fempa, de tres novas instalacións de acuicultura: a construción en Burela da primeira planta de cría de salmón de Galicia e dous novos criadeiros de linguado en Cervo e Cambados . Segundo explicou o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, estes proxectos permitirán crear arredor de 150 empregos.
Con máis de 2.600 empresas e 200 millóns de facturación anuais, Galicia é unha potencia europea no sector da acuicultura que a Xunta quere impulsar, apuntan, atraendo novos investidores. E nesa liña acaban de aprobar 43 millóns de euros para ampliar os criadoiros de linguado que Stoltsea Farm ten en Cervo e Aquacria Arousa en Cambados, e construirase a fa