A Policía Nacional detivo dous menores de idade pola filtración de datos sensibles do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e de ministros como Margarita Robles ou José Manuel Albares, así como de membros do Centro Nacional de Intelixencia (CNI).
A Audiencia Nacional abriu o pasado 22 de setembro unha investigación baixo segredo por esta filtración, reivindicada por un hacker co alias “N4TOX.
Segundo fontes policiais, as detencións practicáronse o 26 de setembro en Cataluña e Albacete, apenas catro días despois de iniciarse as dilixencias xudiciais. Desde entón, os axentes analizan abundante material informático incautado durante o operativo.
Os especialistas da policía trataban de localizar o autor ou autores que se agochaban tras ese alias, responsable de difundir en Telegram datos