Opresidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou este xoves que viaxará proximamente a Exipto para a firma do acordo entre Israel e Hamas para o cesamento do fogo na Franxa de Gaza e a liberación de reféns, aínda que non concretou a data exacta.
"Imos ir a Exipto, onde teremos unha firma, xa tivemos unha firma con alguén representándome, pero imos ter unha firma oficial", declarou o presidente durante unha reunión co seu gabinete na Casa Branca.
Trump non precisou unha data exacta, pero informou de que todos os reféns de Hamas serán liberados o luns ou o martes.
"Puxemos fin á guerra en Gaza e, de forma moito máis ampla, creamos paz, e creo que vai ser unha paz duradeira, oxalá unha paz eterna para Oriente Medio", expresou.
Trump agradeceu ademais a colaboración de varios países