O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente , insistiu en que as taxas aeroportuarias españolas son as máis competitivas de Europa e que se a Ryanair non llo parece non sabe onde vai atopar outras mellores xa que ningún outro país europeo ofrece taxas máis baixas.
" Temos, sen ningunha dúbida, o mellor xestor aeroportuario do mundo e os mellores aeroportos grazas en parte tamén a ese sistema de taxa s", indicou o ministro, que este venres presentou o plan director de investimentos nos talleres de Renfe para 2025-2030.
Neste sentido, recalcou que o sistema de taxas español non pode estar ao " albur " de ningunha compañía privada, entre outras cousas porque hai unha regulación que tanto a aeroliña irlandesa de baixo custo Ryanair como o resto de compañías coñecen