A Policía de Israel presentou cargos este venres contra a activista española Reyes Rigo, detida durante a interceptación da Flotilla Global Sumud a semana pasada. Acúsana de morderlle a unha funcionaria da prisión de Ketziot.

"A Fiscalía do Néguev presentou esta mañá un escrito de acusación e unha solicitude de prisión preventiva contra unha cidadá española por agredir a unha garda na prisión de Keziot", detallou a Policía nun comunicado.

O escrito de acusación indica que a acusada se negou a entrar na cela e agrediu unha garda mordéndolle a man, causándolle lesións graves, detalla o texto.

" A Policía de Israel tomará medidas enérxicas contra calquera intento de danar símbolos gobernamentais e a funcionarios públicos, e levará os implicados ante a xustiza", engade.

A detención

See Full Page