A mineira sueca Eurobattery Minerals , a través da súa filial galega Tungsten San Juan , iniciou os traballos para extraer Volframio na Gudiña, segundo informa este sábado a empresa.
A explotación ao descuberto xa é visible nos primeiros movementos de terra e nunha nave de servizos na parroquia de Pentes. A compañía lembra que o volframio está considerado un mineral "estratéxico" pola Unión Europea.
A mina de Pentes, cunhas reservas de 60.000 toneladas, é a segunda explotación de tungsteno de España, onde xa opera a mina de Barruecopardo (Salamanca). Ademais, hai outro proxecto en Abenójar, en Ciudad Real, denominado El Moto.
Desde 2016, a empres a Tungsten San Juan levou a cabo campañas de investigación xeolóxica, sondaxes, estudos de viabilidade e a construción de a