Os cinco últimos membros españois das flotillas humanitarias rumbo a Gaza interceptadas este mes por Israel que permanecían nese país chegaron na mañá deste luns ao aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Baraxas nun voo procedente de Qatar, onde foron levados desde Xordania.
O grupo de activistas chegou pouco antes das 9:00 da mañá. Entre eles atopábase a mallorquina Reyes Rigo, q ue formaba parte da primeira misión, a Flotilla Global Sumud, e que quedou detida acusada de morder a unha funcionaria do cárcere de Keziot. Chegou a un acordo coa Fiscalía para ser deportada a España a cambio do pagar unha multa de preto de 2.600 euros.
Os demais españois que chegaron este luns a España formaban parte da segunda misión, interceptada o día 8, a Flotilla Liberdade-Thousands Madleens.
Apertas,