Ovindeiro compromiso de España ante Bulgaria vai servir para recuperar un episodio histórico dentro da selección e, por extensión, do fútbol galego. O da maior goleada e o do máximo realizador dentro dun mesmo partido. Para iso remontámonos 92 anos atrás, concretamente ao 21 de maio de 1933. Aquel día os dous equipos enfrontáronse por primeira vez nun encontro amigable.

Para esa cita, o seleccionador José María Mateos convocou a Chacho, un rapaz coruñés de 22 anos que militaba no Deportivo na Segunda División. A súa estrea íase producir nun estadio de Chamartín ateigado e baixo unha intensa choiva. España, que vestía con camiseta branca, escoitou o himno de xeito bastante curioso, cos xogadores en formación desordenada.

Pero, a partir de aí, as cousas tomaron un rumbo máis organizado e o

See Full Page