A conselleira do Mar, Marta Villaverde, avanzou que a Xunta presentará recurso de casación ante a decisión do Tribunal Xeral da UE de avalar o veto á pesca de fondo en 87 áreas, no marco do procedemento do Goberno central de recorrer en defensa do palangre.
Diso informou nunha comparecencia a petición propia no Parlamento galego, onde Villaverde denunciou esta veda como unha "decisión totalmente arbitraria", "sen aval científico de ningún tipo" , que supoñerá un impacto para o 25 % da frota en Galicia.
Reclama unha "revisión" desta decisión e a súa suspensión mentres traballa nunha folla de ruta para tombar este vento por vía xudicial.
Na súa intervención, a conselleira reflexionou acerca dun "escenario xeopolítico complexo" que "pode poñer en risco a actividade do este sector" .