CARLOS CORTÉS
16 oct 2025 . Actualizado a las 19:35 h.
Renfe marxina á provincia de Lugo
Cando comezou a funcionar o AVE entre Galicia e Madrid vimos unha luz ao final do túnel (literalmente), despois de tantos anos de illamento. Agora era posible viaxar a Madrid de forma cómoda e rápida, e incluso regresar no mesmo día se era necesario por traballo. Desde Madrid a Ourense, o tren tarda unhas dúas horas e media aproximadamente. Engadimos unha hora máis e estamos en Monforte. Por exemplo, o último tren de Madrid a Galicia sae diariamente ás 20.23 e chega a Ourense ás 22.43. Unha conexión de Ourense a Monforte, Sarria e Lugo saía de Ourense as 23.00 e chegaba a Monforte ás 23.40. Tempo total da viaxe, 3 horas e 17 minutos. Perfecto.
Esa conexión entre Ourense e Lugo realizábase por estr