ALBERTO MARTI VILLARDEFRANCOS

19 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

H ai silencios que pesan máis ca unha cadea. Durante máis de corenta anos , entre 1941 e 1985, houbo unha institución creada polo réxime franquista e adscrita ao Ministerio de Xustiza cuxa finalidade declarada era «protexer» ás mulleres caídas ou en risco de caer: o Patronato de Protección á Muller —nome que soa a amparo e cheira a cárcere. Coa escusa de amparar ás rapazas prostituídas ou en risco de selo, foi lugar onde se confinou o desexo, a liberdade e a dignidade de milleiros de mozas que ousaron ser elas mesmas. Mulleres que non encaixaban no molde estreito da obediencia, da castidade e da devoción que o franquismo e a moral católica tallaran como corsé para a metade da humanidade.

Foi un instrumento de c

See Full Page