brais suárez

Os habitantes da cidade portuguesa poden ir «De tapas por Galicia» grazas á proposta gastronómica da Xunta para atraer visitantes este outono 21 oct 2025 . Actualizado a las 06:18 h.

Ir de tapas é unha desas tradicións que nin os malabarismos máis rebuscados do capitalismo e a globalización conseguiron aínda exportar. As tapas seducen os turistas e suscitan tentativas de imitación no estranxeiro, onde raramente se consegue replicar ese efecto cotián —ás veces máis sucio, e outras, máis refinado, pero sempre auténtico— de petiscar algo para acompañar unha cervexa tirada con xeito.

Portugal , tan preto de Galicia, está aínda lonxe na implementación deste particular costume, malia que crezan os establecementos que se presentan como tal. «A nós gústanos cruzar a fronteira

See Full Page