EDUARDO PEREZ
A Casa Galega da Cultura acolle unha homenaxe póstuma ao académico tomiñés 23 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
A Real Academia Galega, a Editorial Galaxia e a Fundación Penzol renderanlle homenaxe hoxe, ás 19.00 horas, a Xosé Luís Franco Grande (Tomiño, 1936 ? Vigo 2020) na Casa Galega da Cultura. No acto será presentado Un intre no tempo. Poesía reunida (1967-2017) , libro que reúne os catro poemarios que o académico de número publicou en vida. A edición do libro, que publica Galaxia, foi dirixida pola filóloga Teresa Seara.
—Como era o poeta Franco Grande?
— Un poeta que desenvolveu unha teoría persoal sobre a relación entre o tempo e o ser. Mantivo unha fonda investigación apoiada en teorías filosóficas e en referentes literarias, como Kierkegaard, Rilke o