A Televisión de Galicia emite este sábado as 22 horas un novo episodio de A miña gran cidade, con Luís Iglesia como anfitrión e Ágatha Ruiz de la Prada como convidada. O actor lucense quere demostrar que a súa cidade é un lugar no que sempre paga a pena quedar. «A min tócame moito no corazón Lugo», di nada máis comezar. «Un acaba colléndolle afectos a esta cidade onde viviu, onde un se sente». O reto é grande, e o compromiso tamén. «Se non che gusta Lugo, non che gusto eu», avisa antes de iniciar o percorrido.

A deseñadora chega con vaga curiosidade, pero tamén con carácter. «Coñezo pouco Lugo», recoñece, e, ao comezo da conversa co seu anfitrión, non tarda en espetarlle ao actor: «Vasme falar en galego todo o tempo?». Luís Iglesia, entre risas, retruca que «este programa non pensa moito

See Full Page